Escoitar

O Mercado do Berbés acolle a segunda conferencia do ciclo "Falemos das Illas Cíes"

A segunda conferencia do ciclo "Falemos das Illas Cíes" será este mércores ás 20:30 horas no gastrobar do Mercado do Berbés. A charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e divulgador científico, fundador do portal "Divulgare".

martes, 4 set 2018
1536064211cienciaecanas.png
O Concello de Vigo ofrece este xoves a conferencia "Ciencia y cañas: La flora insular y la acción de los humanos en las Islas Cíes", segunda charla do ciclo de conferencias para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que esta segunda charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e gran divulgador científico, fundador do portal de divulgación científica "Divulgare".

Luis Navarro, moi vinculado ao proxecto da candidatura das Illas Cíes como membro do comité científico, tratará o tema de Cíes como hábitat de especies de plantas en perigo de extinción e endémicas.

O ciclo "Falemos das Illas Cíes" arrancou en xullo e continuará ata final de ano. Trátase dun ciclo de conferencias que abordará as principais fortalezas das nosas marabillosas Illas Cíes desde moi distintas disciplinas.


Ciclo de conferencias:

Mércores 18 de xullo, na Praza da Constitución:
Cine e ciencia. "Sumérxete nos fondos mariños das Illas Cíes"
Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas

Mércoles 5 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes"
Luis Navarro, profesor da Universidad de Vigo

Mércores 19 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "Procesos ecológicos nas Illas Cíes"
Alberto Velando (doctor en Bioloxía) e Carlota Barañano (especialista en conservación do fondo mariño)

Mércoles 3 de outubro, Mercado do Berbés:
Ciencia e gastronomía: "Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca"
Fran Saborido (investigador do Instituto de Investigacións Mariñas) e Miguel Planas (científico do Consello Superior de Investigacións Científicas)

Mércores 7 de novembro, Club Faro de Vigo:
Ciencia e Patrimonio: "Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes"
Ceferino de Blas, cronista oficial de Vigo

Mércoles 12 de decembro, Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo"
Irene Alejo, profesora da Universidad de Vigo
Descargar todas as imaxes