mércores, 5 set 2018
O Pleno aprobou este mércores as ordenanzas fiscais para o próximo ano, que contemplan a conxelación nominal dos impostos, taxas e prezos públicos. O goberno de Vigo non aplica o IPC do 1,5%, xerando un aforro de 2,8 millóns á cidadanía, e aplica bonificacións fiscais por valor de 7,2 millóns.
mércores, 5 set 2018
O alcalde trasladou este mércores o "apoio incondicional do goberno dentro da lei" aos traballadores de Dornier, xestora da zona azul, en folga indefinida en protesta por oito despidos. Logo da intervención do seu representante no Pleno, o goberno de Vigo recordou que ten en marcha un expediente contra a empresa: "isto vaise arranxar. Mentres sexa alcalde, os traballadores estarán na primeira liña da acción do goberno", concluíu Abel Caballero.
mércores, 5 set 2018
Os votos do goberno de Vigo deron luz verde este mércores no Pleno á modificación definitiva da ordenanza do taxi. A nova norma obriga a permitir o pago con tarxeta, adopta medidas contra o intrusismo no sector e incorpora melloras como a obrigatoriedade ao taxista de agardar ata que as mulleres que o soliciten entren nos portais.
mércores, 5 set 2018
A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores por unanimidade a moción socialista esixindo á Consellería de Política Social que cambie as condicións de contratación do servizo de xestión do Punto de Encontro para que todas as familias poidan ser atendidas durante todo o ano.
mércores, 5 set 2018
"Esiximos ao presidente da Xunta de Galicia que en calquera negociación para conseguir recursos para os portos galegos opere con criterios de interese xeral e inclúa sempre as necesidades do Porto de Vigo".
mércores, 5 set 2018
O Pleno aprobou unha moción do grupo socialista instando á Xunta a que deixe de "boicotear" as obras que ten en marcha o goberno local de Vigo. A proposta saíu adiante cos votos do PSOE, mentres que o PP pronunciouse en contra e Marea de Vigo abstívose.