O goberno local aproba o proxecto para humanizar a Gran Vía e instalar ramplas mecánicas
Abel Caballero informou este martes do acordo en Xunta de Goberno para aprobar o proxecto de humanización da Gran Vía e a instalación de ramplas mecánicas para peóns. A actuación inclúe a ampliación das zonas verdes, paneis fotovoltaicos e unha fonte ornamental.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que o Concello aprobou o proxecto para a humanización da Gran Vía e a instalación de ramplas mecánicas cubertas que faciliten a mobilidade de peóns.
A Xunta de Goberno Local do pasado 31 de agosto deu o visto e prace á reforma dunha parte da principal arteria da cidade cun investimento de 5,18 millóns de euros e un prazo de execución de oito meses tras outros catro meses de tramitación.
"Estamos ante unha das humanizacións máis importantes de Vigo e estará finalizada en doce meses", sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. A obra abarca a reforma de 250 metros lineais (entre as rúas María Berdiales e Venezuela) e inclúe a instalación de seis ramplas mecánicas no bulevar central.
Ademais, segundo indicou Caballero, tamén haberá paneis fotovoltaicos, fonte ornamental, maior zona verde e novas redes de saneamento, pluviais, abastecemento e rego. "As conducións están en moi malas condicións e hai que cambialas, é unha humanización integral como xa fixemos máis de 800 en Vigo", engadiu.
O alcalde tamén destacou o feito de que a Xunta de Galicia paralizara o proxecto inicial que abarcaba toda a Gran Vía, desde a rúa Lepanto a Nicaragua, e indicou que a obra "mantén o bulevar" para engadir que haberá "máis árbores e máis vexetación".
Caballero tamén explicou que o obxectivo é salvar as pendentes que impiden a persoas con mobilidade reducida desprazarse pola zona. "Seguiremos a aplicar o proxecto Vigo Vertical, é unha revolución na cidade, e converterá a Gran Vía nunha zona máis visible, utilizable, verde, ecolóxica e co dobre de árbores", explicou.
Estrada Porto en Beade
Ademais, o rexedor informou de que a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de humanización da estrada provincial EP-2001, no tramo Igrexa de Beade-A Garrida (PO-330), lugar de Porto, cun importe de 3,31 millóns e un prazo de 12 meses, grazas ao convenio coa Deputación.