Escoitar

Caballero inaugurou en Príncipe a exposición sobre baloncesto, dentro dos actos do Memorial Quino Salvo

A exposición manterase en Príncipe, diante do Museo Marco como o ano pasado, ata o día 14 e o sábado 15 trasladarase ao complexo municipal das Travesas, coliseo que acollerá a terceira edición do Memorial Quino Salvo entre o Morabanc Andorra e o Oporto (20:00 horas).

martes, 4 set 2018
1536077098QuinoSalvo_01.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mediodía a nova exposición sobre o baloncesto vigués, de maior formato que o ano pasado para facer máis visible este deporte e que contén un cento de fotos máis sobre a iniciativa tamén mostrada na edición anterior do Memorial Quino Salvo.

Caballero, que felicitou á organización do memorial, estivo acompañado polos concelleiros Manel Fernández e Chus Lago mentres Julio Bernárdez, presidente da asociación, lle amosaba algunhas das imaxes.

A exposición manterase en Príncipe, diante do Museo Marco como o ano pasado, ata o día 14 e o sábado 15 trasladarase ao complexo municipal das Travesas, coliseo que acollerá a terceira edición do Memorial Quino Salvo entre o Morabanc Andorra e o Oporto (20:00 horas).

O alcalde manifestou na foto de familia, con rapaces de varios equipos que van disputar o torneo alevín, que non descarta contar no futuro cun equipo na Liga ACB. "Hai que buscar o momento e o xeito", explicou.
1536077098QuinoSalvo_01.JPG
1536077113QuinoSalvo_02.JPG
Descargar todas as imaxes