Escoitar

O Monumento ao Ferreiro loce de novo tras a reforma da Praza de Eugenio Fadrique

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres a remodelada Praza da Industria (Eugenio Fadrique) despois de que o Concello levase a cabo obras de mellora no Monumento ao Ferreiro. "Foi unha actuación moi acertada e un proxecto extraordinario para por en valor unha grande escultura", sinalou.

venres, 31 ago 2018
1535720559PrazaIndustria_04.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor este venres as obras levadas a cabo recentemente na coñecida como Praza da Industria (Eugegio Fadrique) para realzar o Monumento ao Ferreiro. O Concello investiu un total de 22.500 euros na recuperación da glorieta situada na rúa Coruña.

"O resultado foi extraordinario, unha actuación moi acertada para dar valor a unha grande escultura", sinalou o rexedor en referencia á obra do artista Guillermo Steinbrüggen inaugurada en 1970.

As obras, rematadas no prazo de catro semanas, permitiron renovar a cometida de rego, instalar nova sinalización de tráfico, bordos de granito, novo alumeado para o monumento e a rotonda, zona verde con plantas de temporada e acondicionamento do busto e a base do monumento con granito.
Descargar todas as imaxes