Caballero felicita a Pedro Cabrera, subcampión de España infantil de remo olímpico
O alcalde recibiu no seu despacho ao deportista, que estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Remo Vigo, Manuel Rodríguez, e pola presidenta de Amigos do Remo, Celia Cabrera.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esta mañá ao remeiro infantil Pedro Cabrera (Club de Remo Vigo) unha medalla conmemorativa en lembranza do seu éxito no Campionato de España de remo olímpico, disputado na Cartuja este verán e no que se proclamou subcampión de España en categoría infantil.
O alcalde recibiu no seu despacho ao deportista, que estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Remo Vigo, Manuel Rodríguez, e pola presidenta de Amigos do Remo, Celia Cabrera.
O mozo vigués, que competiu nun cadro con trinta rivais e tivo que disputar tres eliminatorias previas á final, explicou que na quenda decisiva se quedou a escasas centésimas do ouro (3:46,89 do catalán Marc Marques fronte a 3:47,01 do galego). Caballero felicitouno polo seu éxito e desexoulle sorte para a seguinte proba que correrá, a primeira edición do Trofeo Cidade de Vigo - Illas Cíes de remo de mar, este sábado na ensenada de Bouzas.
"Deino todo, pero quedeime a unha décima de segundo do ouro. É todo aprender", indicou Cabrera.