Vigo acolle o primeiro encontro nacional de afectados pola meninxite
O alcalde, acompañado de Cristina Regojo, delegada en Galicia da Asociación Española contra a Meninxite e Afectados pola Enfermidade Meningocócica, presentou as xornadas nas que afectados de toda España compartirán o seu testemuño e no que a entidade expoñerá os seus programas de axuda ás familias.
Este venres, 22 de marzo e mañá sábado, día 23, Vigo acolle o I Encontro Nacional de simpatizantes da Asociación Española contra a Meninxite e Afectados pola Enfermidade Meningocócica, que impulsa a doutora Cristina Regojo, delegada en Galicia da entidade.
Abel Caballero amosou o apoio municipal á Asociación e a Cristina Regojo "no seu labor permanente, ofrecendo a nosa cooperación na saúde e na loita contra a meninxite e na prevención da mesma así como ás familias".
Trátase dunha xuntanza de carácter privado na que os asistentes compartirán testemuños, experiencias, e expoñerán as actividades de divulgación e sensibilización sobre esta enfermidade. Segundo explicou a doutora Regojo, contarán coa presenza de Davide Morana, embaixador nacional da Asociación, que padeceu a enfermidade hai un ano, tendo como resultado a amputación dos catro membros e que na actualidade está preparando as Olimpíadas.
Para Cristina Regojo "a mellor prevención é a vacina contra a meninxite, que é o mellor invento do século XXI para combater as enfermidades". A delegada en Galicia da Asociación española contra a Meninxite explicou que a incidencia baixou "gracias á vacinación e a que moitas familias están pagando do seu peto a vacina algo que "non se entende e provoca iniquidade no sistema sanitario".
Descargar todas as imaxes