Vigo bateu récords de pernoctacións en febreiro cun aumento dun 27% respecto a 2018
A cidade recibiu no mes de febreiro un 27% máis de pernoctacións que no ano 2018, segundo o último informe turístico do INE. O alcalde resaltou que Vigo, "que está de moda", achega o 51,67% das pernoctas da provincia.
O alcalde deu conta dos últimos datos do INE nos que Vigo experimenta en febreiro un crecemento récord en pernoctacións, cunha cifra de 51.449, o que supón un incremento dun 27% e dun 36,5% se falamos de turismo nacional. "Vigo está de moda", avanzou o rexedor, afirmando que se constata que a cidade segue a desenvolver a "importantísima pata turística" da economía. O nivel de ocupación das fins de semana superou o 44% e Vigo achega o 41,3% dos visitantes e o 51,67% das pernoctacións da provincia. No ámbito galego, a cidade aporta case un 16% das pernoctas, o que supón superar a porcentaxe de poboación de Vigo na Comunidade.