O Concello de Vigo aproba a modificación urbanística para reformar A Panificadora
A Xerencia de Urbanismo aprobou este xoves a modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri) para avanzar na reforma do edificio da Panificadora. "Xa non hai marcha atrás e teremos novidades do Barrio do Cura nos vindeiros días", dixo Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa de que a Xerencia de Urbanismo do Concello deu a súa aprobación provisional da modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) do Casco Vello para avanzar no novo proxecto da Panificadora.
"Quero expresar a miña satisfacción, vai a converterse nunha zona de equipamento sociocultural e dotacional, un novo espazo público con arborado que conectará coa Praza do Rei", sinalou o rexedor ante os medios de comunicación.
Segundo explicou, o proxecto ten o visto e prace das consellerías de Infraestruturas e Vivenda e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como os dos ministerios de Economía e Empresa e de Transición Ecolóxica. Tamén foron incorporadas as peticións do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.
O tramitación continuará agora co envío do documenta a administración autonómica para que se pronuncie no prazo de dous meses. "Ten todos os requisitos para recibir o visto e prace da Xunta, todo o que pediron o aceptamos, incluso cousas nas que non estabamos de acordo, como a guía de cores", apuntou o alcalde.
"Xa non hai marcha atrás, unha vez aprobada envíase á Xunta e no prazo de dous meses está obrigada a dicir que si e a partir de aí, pleno municipal, expropiación e obra", engadiu Abel Caballero
Barrio do Cura
O alcalde sinalou tamén que de forma paralela haberá novidades dentro de uns días sobre o Barrio do Cura. "Faremos un concurso de ideas na zona de Praza do Rei como nexo de conexión coa Panificadora e o Barrio do Cura", apuntou.
Paseo de Alfonso
Por outra banda, o rexedor tamén anunciou que nos vindeiros días se procederá a realizar labores de mellora no Paseo de Alfonso XII e de reforzo de piares, polo que será necesario pechar parte do paseo peonil.
Descargar todas as imaxes