Escoitar

O Concello acondicionará o pavillón de Coia e trasladará as competicións a outras instalacións

Abel Caballero informou este mércores de que o pavillón de Coia necesitará unha reparación e non estará operativo varias semanas, polo que as competicións deportivas alí previstas serán trasladadas a outras instalacións. O alcalde tamén indicou que en breve estarán listos os pavillóns de Romil e Quirós.

mércores, 20 mar 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este mércores que as competicións deportivas que estaba previsto celebrar no pavillón de Coia, afectado a pasada semana por un incendio, serán trasladadas a outras instalacións durante o tempo que dure a reparación.

"Derivaremos a actividade a outras instalacións e en breve imos a ter outros catro pavillóns a nosa disposición", dixo en relación a próxima finalización das obras que se están a levar a cabo para inaugurar as instalacións de Quirós (3 millóns de investimento), Romil (2 millóns) e nos baixos da grada de Río (1,5 millóns), en Balaídos.

Campos de fútbol
Respecto aos campos de fútbol, Caballero avanzou que tamén entrarán en funcionamento os campos de fútbol que están sendo sometidos a melloras ou empezarán as obras en vindeiras datas, como son os de Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouza e Bouzas.

"Disporán en breve dos campos e xa poden ir acondicionando os seus calendarios para poder utilizar as instalacións xa melloradas", sinalou.

Paseo de Bouzas
O alcalde tamén destacou a recente reparación feita no Paseo de Bouzas, en terra firme e zona portuario, cun investimento de 48.000 euros para repoñer pavmentos, arborado e carril bici.