O Concello apoia o "soño" da construción da residencia de Aspanaex
O concelleiro Cayetano Rodríguez presentou xunto á presidenta da entidade, Teresa Galisteo, e ao tesoureiro, a web coa que promoven a captación de fondos para a construción da súa residencia en Coia, que terá 58 prazas.
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, deu a coñecer este luns a páxina web www.residenciaaspanaex.org coa que a entidade quere captar fondos para construír o seu "soño", unha residencia para cumprir co seu labor a prol das persoas con discapacidade intelectual. Para o concelleiro, desde que comezou a súa singradura hai 56 anos, Aspanaex, forma parte do "mellor do tecido social de Galicia e España", cualificando o seu proxecto como "excepcional, solidario, social e benfeitor".
Tal e como sinalou, o Concello apoia á entidade no cumprimento deste obxectivo, así en febreiro do ano 2018 aprobou a promoción da obra de Aspanaex para a súa cualificación como Proxecto Empresarial de Interese Municipal de xeito que pode ter bonificacións fiscais de entre o 50 e o 70%, o que supón un importe de 102.000 euros
Teresa Galisteo de la Fuente, presidenta de Aspanaex apuntou que as obras no antigo ambulatorio de especialidades de Coia xa comezaron, coa previsión de crear 58 prazas para residentes e 40 postos de traballo e co obxectivo de telas rematadas no ano 2021. A páxina web supón "un paso máis para chegar a empresas e particulares, visibilizar o proxecto necesario pero ambicioso" e tamén a necesidade que existe na cidade para este servizo que presta.
Pola súa banda, César Blanco, tesoureiro de Aspanaex, animou á cidadanía a colaborar co proxecto, falando da web como "un escaparate para o cumprimento do soño de Aspanaex", que permite contribuír desde 1 euro para os particulares ou 2 euros para as empresas, unha achega que "fai moito".
Descargar todas as imaxes