Caballero: "Imos recuperar A Panificadora e solucionar un dos erros históricos da cidade"
O alcalde de Vigo avanzou este luns que a Xerencia de Urbanismo aprobará o vindeiro xoves a modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri) para avanzar na reforma do edificio da Panificadora. "É unha obra de rango histórico", dixo Abel Caballero.
Abel Caballero informou este luns en rolda de prensa dos novos avances na tramitación do proxecto urbanístico para recuperar o emblemático edificio de A Panificadora. Segundo explicou o alcalde, a Xerencia de Urbanismo levará o vindeiro xoves na súa orde do día a aprobación provisional da modificación puntual do (Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) do Casco Vello para avanzar no novo proxecto da Panificadora.
O concurso de ideas convocado polo Concello de Vigo aportou o proxecto inicial de restauración, que xa foi desenrolado, para facer a modificación urbanística concreta que permitirá a "imparable recuperación de A Panificadora".
O alcalde explicou que os donos do inmoble presentaron oito alegacións e non foi aceptada ningunha. "Estaban feitas en termos dos intereses dos propietarios e non en termos dos intereses urbanísticos da cidade ou de conceptos xurídicos, contrarias á ordenación", sinalou.
Tamén xa foron recibidos os preceptivos informes sectoriais das consellerías de Infraestruturas e Vivenda e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como os dos ministerios de Economía e Empresa e de Transición Ecolóxica, que propuxo algunhas consideracións xa incorporadas ao proxecto.
"Temos luz verde", apuntou o alcalde antes de engadir que tamén contan co visto e prace do departamento de Patrimonio, da Xunta de Galicia, coa incorporación de todas as suxestións "a pesar de que as enviaron fora de prazo".
Entre as peticións urbanísticas están incluídos o mantemento da pegada da rúa Santiago na estrutura da zona e as pautas de guía de cor, así como a dotación mínima de 20 prazas de aparcamento, que non poden afectar ás zonas verdes, o respecto á normativa de accesibilidade e a avaliación do impacto do proxecto na facenda pública.
Caballero explicou que A Panificadora conta con elementos protexidos, como son os silos, o edificio principal, o almacén e o edificio da rúa Falperra. "A actuación é irreversible, vaise a aprobar na Xerencia, hai clara maioría para que vaia adiante e non imos permitir que ninguén defenda intereses particulares, queremos a recuperación íntegra", afirmou.
Equipamento sociocultural
Tras a aprobación este xoves na Xerencia, a Xunta ten dous meses para remitir informes e o proxecto irá ao pleno para a aprobación definitiva. "Buscamos recuperar A Panificadora e transformar o edificio deshabitado desde hai medio século nunha zona de equipamento público de carácter sociocultural", abundou o alcalde.
"É unha obra de rango histórico, estamos rectificando vellos errores da cidade que van quedar estañados, porque esta cidade cometeu inmensos erros históricos e a nosa función é eliminalos e convertelos en zonas activas da cidade", sinalou.
Abel Caballero insistiu en que o abandono do inmoble de A Panificadora "é un dos erros máis importantes da historia da cidade e agora vaise recuperar, poden imaxinar a miña satisfacción, era unha teima e deu traballo, pero vai pola vía do medio, por expropiación e por intereses xerais da cidade".
Descargar todas as imaxes