Escoitar

O alcalde eloxiou a calidade dos cursos de Java impartidos pola Fundación Telefónica e Concello

O Concello de Vigo coopera coa Fundación Telefónica na posta en marcha de cursos para programar Java que se impartiron nas aulas do Auditorio Mar de Vigo ao longo dos últimos tres meses. Durante a entrega de diplomas, o alcalde louvou esta iniciativa formativa pola súa alta empregabilidade e o valor engadido que achega.

venres, 15 mar 2019
1552657582150319JavaUNED_01.JPG
Fundación Telefónica e Concello de Vigo ensinaron a programar JAVA a unha vintena de vigueses co itinerario "Desenvolvemento web con Java" no marco do programa Conecta Emprego de Fundación Telefónica, unha nova plataforma que ofrece unha radiografía da empregabilidade dixital en España en tempo real.

O alcalde, acompañado polo director de Relacións Institucionais de Fundación Telefónica, Joan Cruz, achegouse esta mañá a unha das aulas do Auditorio Mar de Vigo para entregar os diplomas á vintena de alumnos que, tras tres meses e 270 horas de formación, presentaron os seus proxectos nun encontro profesional con empresas do ámbito dixital.

Durante o itinerario de formación, os alumnos adquiriron coñecementos e habilidades que xa lles permiten desenvolver aplicacións web multiplataforma, utilizando unha das linguaxes de programación con máis demanda dentro do sector TI: Java. De feito, hoxe en día programar nesta linguaxe é un valor engadido para calquera programador.
1552657582150319JavaUNED_01.JPG
1552657591150319JavaUNED_02.JPG
Descargar todas as imaxes