Escoitar

O Concello dedica 125.000 euros ao financiamento da Fundación Vigo Deporte

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves unha transferencia de 125.000 euros a favor de Vide. Tamén recibiu o visto e prace, segundo informou Abel Caballero, unha achega de 33.000 euros á Rede de Mulleres Veciñais de Vigo contra os malos tratos.

xoves, 14 mar 2019
Abel Caballero informou este xoves da aprobación en Xunta de Goberno Local dunha transferencia de 125.000 euros en favor da Fundación Vigo Deporte. "Sufragamos a actividade practicamente total de Vide, outros socios teñen unha achega menor, pero Vide xoga un papel moi importante na parte activa a favor do deporte", asegurou o alcalde.

Ademais, o Concello tamén deu o visto e prace, a través da Xunta de Goberno Local, a unha achega de 35.000 euros a "coworking" para o fomento de emprendemento e consolidación empresarial.


Por outra banda, tamén foi aprobado o convenio coa Rede de Mulleres Veciñais de Vigo contra os malos tratos cun importe de 33.300 euros destinados a actividades. O alcalde destacou que o colectivo recibe outra achega a través da Concellería de Igualdade que eleva a suma total a 59.900 euros.

"O apoio á loita contra a violencia machista en Vigo é de case 1 millóns de euros, somos das cidades que máis recursos dedica", explicou Caballero antes de enumerar as partidas municipais: Centro de Emerxencia para toda Galicia (266.000 euros), axudas directas (53.000 euros), atención domiciliaria á infancia (153.100 euros), programa de Inserción Laboral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero de Vigo (125.000 euros), sección EVAP da Policía Local con 16 axentes e pisos de acollida.