Escoitar

O Concello informará a Feprohos dos eventos de atracción turística da cidade

O alcalde explicou este mércores que as dúas entidades crearán un "comité permanente" de información co fin de que o sector hostaleiro, hoteleiro e comercial coñeza con antelación os eventos organizados polo Concello con capacidade de atracción turística.

mércores, 13 mar 2019
1552485600130319Feprohos.jpg
Abel Caballero reuniuse hoxe ao presidente da Federación Provincial de Empresarios da Hostalería de Pontevedra, César Ballesteros, e coa xerente, Beatriz Carballido, con quen analizou o significado dalgunhas accións municipais na hostalería viguesa como é o caso das luces de Nadal que, segundo lle expuxeron, supuxo un incremento da ocupación nun 40% durante mes e medio.

Dende Feprohos recoñeceron o labor municipal a prol do turismo con accións deste tipo e propuxeron establecer mecanismos de cooperación entre as dúas institucións, que o alcalde aceptou "entusiasmado" para transmitirlles información de forma anticipada sobre os eventos de todo tipo que teñan lugar na cidade para que o sector se prepare profesionalmente ante o posible incremento da actividade.

Segundo explicou o rexedor, crearase un "comité permanente" de información co fin de que o sector hostaleiro, hoteleiro e comercial coñeza as accións que planifica o goberno municipal porque "desde a acción do Concello estamos xerando unha inmensa capacidade de atracción de visitantes á cidade e é importante que estes sectores o coñezan con antelación".
Descargar todas as imaxes