Escoitar

Caballero: "Se rompen o pacto existente entre as tres universidades, reclamaremos de forma inmediata a Facultade de Medicina"

O alcalde transmitiu o seu apoio a Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, na súa demanda que non se permita a ruptura do pacto acordado entre as tres universidades galegas do mapa de titulacións, instalando o grao xeneralista de Robótica na Universidade de Santiago e non de Robótica Forestal como se ten acordado.

martes, 12 mar 2019
En caso de implantarse o Grao de Robótica no campus de Lugo, demandarase o Grao de Medicina para Vigo de forma urxente en lugar de esperar para reclamala a longo prazo. "Se rompen o pacto existente, reclamaremos de forma inmediata a Facultade de Medicina para Vigo", declarou o alcalde. Na cidade "hai demanda suficiente para o grao, hai hospitais clínicos para atendelo e danse tódalas circunstancias para ter unha Facultade de Medicina". Respecto ao Grao xeneralista de Robótica, "Vigo e Ferrol deben de ser suficientes en Galicia para cubrir a demanda" insistiu Caballero.