O Concello convoca novos cursos de autoprotección para mulleres impartidos pola Policía Local
O Concello continúa na súa tarefa de loita contra a violencia de xénero e volve convocar cursos de autoprotección para mulleres. A Policía Local e a psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller son os responsables de impartir nove sesións formativas para as que o prazo de inscrición comeza hoxe luns.
O prazo para inscribirse nos cursos de autoprotección para mulleres impartidos pola Policía Local comeza hoxe luns, 11 de marzo. Son nove sesións (26 de marzo e 1, 2, 4, 5, 8, 9, 11 e 12 de abril) en horario de 16,00 a 18,00 h, que se desenvolverán nas instalacións municipais da Policía Local. Na primeira sesión, a psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller realizará unha introdución sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección, desde unha perspectiva de xénero.
Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo é proporcionar aos asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permita mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e confianza persoal.
Para participar é preciso remitir unha inscrición ao seguinte enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org ou na Concellería de Igualdade.