Caballero anima aos emprendedores para continuar creando estruturas produtivas como "motor esencial de progreso"
As XIV Xornadas "Vigo ante o seu futuro" da Fundación Provigo analizan o papel dos viveiros e aceleradoras.
A creación e consolidación de empresas e, especialmente, o papel dos viveiros e as aceleradoras de proxectos, é o tema sobre o que versaron as XIV xornadas "Vigo ante o seu futuro", organizadas pola Fundación Provigo e celebradas esta mañá.
Abel Caballero destacou na inauguración o "papel esencial" que desenvolveu Vigo desde fai máis dun século na creación de empresas. "Os nosos devanceiros xa foron capaces de entender que o motor principal do progreso é a industria e actualmente temos que continuar coa creación permanente de estruturas produtivas e en primeira fila da dimensión do 4.0", afirmou o rexedor.
Caballero lembrou que en Vigo hai nada menos que 43.000 actividades económicas "e isto sinala o importante nivel de especialización da cidade".
Albino Rodríguez, director xerente de Provigo, valorou pola súa banda o importante papel dos emprendedores "como motor económico e social da cidade", polo que aplaudiu o "despregamento de iniciativas públicas e privadas para xerar o ecosistema adecuado para a creación de novos negocios, que son os viveiros e as aceleradoras de empresas".
Nas xornadas participaron promotores dalgunhas das iniciativas máis importantes na cidade como son a Axencia Galega de Innovación, o Consorcio Zona Franca de Vigo e Inova Labs.
Descargar todas as imaxes