Caballero: "Fernández-Cid é o director óptimo para que o MARCO inicie unha nova etapa como elemento motriz da Rede de Museos de Vigo"
O alcalde de Vigo firmou este luns o contrato do director do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), Miguel Fernández-Cid. Abel Caballero sinalou que é o novo responsable "é o óptimo" para que o museo inicie unha nova etapa como elemento motriz da Rede de Museo Municipais de Vigo. <br />
Miguel Fernández-Cid e Abel Caballero firmaron este luns o contrato do primeiro como director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Foi durante unha xuntanza no Concello na que o rexedor mostroulle ao novo responsable do museo a intención de que o MARCO sexa "o elemento motriz" da Rede de Museos Municipais da cidade
"Foi elixido por unanimidade por un tribunal formado por persoas de máximo nivel do mundo da arte contemporánea, optaron por Miguel Fernández Cid e aceptamos a proposta. É óptimo para o cargo, o creo persoalmente desde o escaso coñecemento, pero o di o tribunal do que formaban parte exdirectores do Reina Sofía ou do Museo do Prado", sinalou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Miguel Fernández-Cid é Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor de crítica, estética e arte do século XX nas facultades de Belas Artes de Salamanca e Pontevedra; é Académico da Real Academia Galega de Belas Artes desde 2009 (sección expertos nas Artes), foi Premio Cultura Galega de Artes Plásticas 2016 e, desde 2015, é membro do Consello da Cultura Galega. Ademais, desde o ano 2011, Miguel Fernández-Cid é membro do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, foi director do Centro Galego de Arte Contemporánea durante sete ano e desde 2010 é director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
"Iníciase unha nova etapa do MARCO, valorando o bo que houbo na anterior e comenzando con toda a ambición, porque é a ambición do papel que o museo ten que desenrolar no mundo da arte contemporánea con percepción ampla", explicou Caballero.
O alcalde tamén indicou que o museo debe ser "o elemento motriz do conxunto da Rede de Museos Municipais, porque vai a ser a proa dos museos municipais, a rede máis importante de España, non hai un só municipio de España que teña unha rede como a nosa, en Santiago, A Coruña, Madrid ou Barcelona son de outras institucións, en Vigo son do Concello".
Nesta nova época o alcalde ten depositadas "moitas expectativas" e por iso asegurou que xa o traballo do novo director terá un período de cinco a dez anos. "Ten que facer un proxecto a medio prazo, pero tamén a prazo inmediato para facer unha revolución no mundo museístico da cidade, temos tanto activo nos museos de Vigo e queremos que o exploten e sexa un lugar de encontro da cidade e da cultura", apuntou.
Descargar todas as imaxes