O censo electoral estará exposto ata o próximo 18 de marzo para consultas ou reclamacións

Abel Caballero deu conta esta mañá de que o censo electoral estará dispoñible para consultas ou reclamacións ata o próximo 18 de marzo. Os interesados poderán comprobar que poden exercer o seu dereito a voto ou ben na páxina web, ou ben presencialmente, en dependencias municipais.

luns, 11 mar 2019
O alcalde lembrou esta mañá que, ante a convocatoria electoral do próximo 28 de abril, o censo de Vigo queda exposto desde hoxe luns ata o 18 de marzo. O documento pode consultarse na páxina web, ou presencialmente, nas oficiñas de estatística, de información ou no 010. O horario será de 09,00 a 13,30 h ou de 16,00 a 18,00 h.

En Vigo hai 372 mesas en 83 colexios electorais e el censo de electores presentes é de 238.225 persoas. Por outra banda, segundo avanzou o rexedor, para poder organizar os comicios de abril, será preciso seleccionar 3.348 persoas para ser membros das diferentes mesas.