O Concello distingue a trece colexios: "Vigo é unha gran cidade pola labor educativa dos centros"<br />
Abel Caballero informou este xoves dun novo galardón de Vigués Distinguido, concedido ex aequo este ano a trece colexios pola súa traxectoria temporal e singular, un "recoñecemento" convertido en "homenaxe" á educación da cidade: "Vigo é o que é neste momento, unha gran cidade, pola labor educativa e de formación de tantos colexios durante 25, 50 e ata 75 anos".