mércores, 13 marzo 2019

Melendi actuará o vindeiro mes de xullo no Ifevi

mércores, 13 mar 2019

O alcalde informou este mércores de que o cantante Melendi ofrecerá un concerto o vindeiro 20 de xullo no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Abel Caballero avanzou que en próximas datas anunciará todas as accións das festas do verán.

O Concello de Vigo premia aos deportistas promesas da temporada 2018

mércores, 13 mar 2019

Abel Caballero entregou este mércores os diplomas aos deportistas promesas da cidade temporada 2018. Trátase de 15 nenos e 15 nenas, propostas polas súas respectivas federacións, que destacaron o pasado ano nas súas disciplinas. O acto de entrega, levado a cabo na Alcaldía, é a previa da Gala do Deporte de Vigo que se celebrará este xoves no Teatro García Barbón (Afundación).