O Gran Prix Europeo de Automodelismo reúne en Samil aos mellores pilotos internacionais
O campionato, presentado esta mañá polo concelleiro Ángel Rivas, contará con máis de sesenta participantes chegados de toda Europa. A cita será os próximos 15, 16 e 17 de marzo no Circuíto de automodelismo de Samil, renovado integramente polo Concello o ano pasado.
O Circuíto de automodelismo de Samil, renovado integramente o ano pasado, acolle os próximos días 15, 16 e 17 de marzo o Gran Prix Europeo de Automodelismo, EFRA GP Series, ao que acudirán máis de sesenta pilotos de toda Europa.
O campionato, presentado esta mañá coa participación do concelleiro Ángel Rivas, é a primeira vez que conta con tres probas. O campión sae dos dous mellores resultados "polo que os máis importantes pilotos estarán presentes en Vigo", apuntou Alberto Alonso, responsable do Club Automodelista Vigués.
Alonso destacou a calidade dos pilotos e explicou que o xoves e o venres serán os adestramentos libres e cronometrados, respectivamente, mentres que o sábado celebraranse as probas clasificatorias e o domingo as finais. "É un espectáculo de gran nivel ao que convidamos a todos os vigueses, afeccionados ou non", destacou Alonso, que agradeceu ao Concello e aos patrocionadores a súa colaboración "xa que sen eles sería imposible".
Os organizadores anunciaron ademais que están a traballar para conseguir traer en xullo outro campionato europeo "xa que no verán estamos seguros de que o impacto turístico será moito maior e estarán a desexar vir á cidade con todas as súas familias".
Descargar todas as imaxes