Escoitar

O Concello continúa coa programación do Día Internacional da Muller

Proxección de filmes, recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga, visita guiada ao Roteiro feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar, actuación musical do grupo "Habelas Hainas", contacontos de igualdade a cargo de Paula Carballeira ou proxección de curtas son algúns dos actos previstos.

martes, 12 mar 2019
O goberno municipal ten programados diferentes actos entre o 11 e o 16 de marzo para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, logo da manifestación do 8 de marzo na que moitas viguesas e vigueses saíron á rúa en prol da igualdade.

- 12 de marzo, martes: presentación e proxección do filme "Contraaluz", unha longametraxe documental de Teo Manuel Abad. Museo MARCO (R/ Príncipe). 20:00 h. Entrada libre ata completar a capacidade do local

- 13 de marzo, mércores: recital aberto de poesía de xénero. Acto conducido por Iolanda Zúñiga. O interese é que esta actividade sexa un acto coral, convidando aos asistentes a que se sumen coa achega dun poema da súa escolla sobre a temática de "muller", "igualdade", para compartir con tódalas persoas alí presentes. Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa. 19:00 horas. Entrada libre ata completar aforo.

- 14 de marzo, xoves: contacontos de Igualdade para nenos e nenas "Elas tres" a cargo de Paula Carballeira. Praza 8 de marzo. 17:15 horas. No caso de que a previsión meteorolóxica sexa adversa informarase do lugar alternativo no que se realizará a actividade.

- 15 de marzo, venres: actuación musical do grupo "HABELAS HAINAS". Museo MARCO (r/ Príncipe). 20:30 horas. Entrada libre ata completar a capacidade do local.

- 16 de marzo, sábado: visita guiada ao Roteiro feminino "Sons de Mulleres" a cargo de María Casar. Farase un percorrido polas distintas rúas da cidade que teñen relación coas mulleres e o movemento feminista.Punto de encontro: Paseo de Alfonso. 11:00 horas.