luns, 11 marzo 2019

Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11-M

luns, 11 mar 2019

A convocatoria no Concello parte da Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Abel Caballero. En declaracións aos medios, o alcalde vigués indicou que este acto, en recordo dos case que 200 falecidos no atentado de Madrid de hai quince anos, se estende ás vítimas do terrorismo en xeral.

Abel Caballero fai entrega dos diplomas do certame de pintura de Vigolandia "O Dinoseto de Nadal"

luns, 11 mar 2019

O alcalde recibiu no Concello a 34 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos para entregarlles os diplomas de recoñecemento as súas obras para o centarme de pintura de Vigolandia, que este ano tivo como temática "O Dinoseto de Nadal". Tras comprobar a calidade das obras, o alcalde calificounas de escepcionais."Sodes uns grandes pintores e pintoras" díxolle aos nenos e nenas. Ademais, Caballero agradeceu tanto a nais e pais como aos colexios a labor de formación dos nenos e nenas que "son o futuro de Vigo, a cidade máis importante do mundo".