O alcalde agradece en nome da cidade e do goberno local o traballo dos profesionais de Atención Primaria
Abel Caballero transmitiu este mércores o seu apoio aos traballadores da área sanitaria de Vigo pola súa loita en defensa da sanidade pública de calidade. "O meu goberno está moi orgulloso da súa loita e os seus éxitos serán os éxitos de todos os cidadáns de Vigo", sinalou.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este mércores a posición dos xefes dos centros de saúde da cidade ao dimitir de forma irrevogable pola negativa da Xunta de Galicia a recoller as súas peticións e mellorar os medios materiais e de persoal na Área Sanitaria da cidade.
"Quero mostrar publicamente, en nome da cidade, o agradecemento aos profesionais sanitarios de Vigo e aos xerentes dos centros de saúde pola súa valentía na defensa dos intereses dos seus pacientes", sinalou o rexedor durante a rolda de prensa.
Caballero apuntou que os traballadores "están a defender aos pacientes moito máis que a súa propia posición profesional, están dimitindo e presentaron a dimisión en defensa dos cidadáns de Vigo, polo que quero demostrar o agradecemento da cidade, por que sei que a cidade comparte unanimemente esta opinión".
O alcalde destacou tamén que "son exemplo de compromiso social coa saúde, cun sistema sanitario pública de calidade, por iso esta cidade e o meu goberno estamos moi orgullosos da súa loita, os seus éxitos serán os éxitos de todos os cidadáns de Vigo".
"Deron mostra dunha enorme capacidade de diálogo, fixeron propostas, as levaron á Consellería e non tiveron resposta, os pacientes seguían na mesma situación precaria", dixo o alcalde antes de exixir a Feijóo que asuma as demandas das poboación e dos profesionais.
"Estamos cunha atención sanitaria deficiente, con insuficiencia de persoal, os profesionais suplen co seu compromiso as deficiencias da Xunta. En Vigo traballan 631 profesionais en Atención Primaria e reclamo para eles a atención que eles piden en nome dos seus pacientes", rematou.
Descargar todas as imaxes