Caballero insiste: "A prioridade de Vigo é o AVE directo a Madrid"
O alcalde reiterou hoxe a necesidade de que Vigo conte con tren de alta velocidade por Cerdedo directo a Madrid porque é "a única grande cidade que queda fóra do AVE". Amais, considera que Vigo debe ser porto Nodal e defende a alta velocidade con Oporto.
Abel Caballero referiuse este venres ás infraestruturas que demanda a cidade, poñendo como "prioridade o AVE Vigo-Madrid en alta velocidade e directo, que non nos obriguen a ir a Santiago, baixarse do tren e subirse do tren que chega da Coruña. Isto non o vamos a aceptar nunca".
Así, incidiu en que "somos a única grande cidade que queda fóra do AVE; todas as grandes cidades de España téñeno, menos Vigo, e queren someternos á ignominia de baixarnos do tren en Santiago". Engadiu que, xunto a esta demanda, debe traballarse na saída sur para conectar a urbe en alta velocidade con Oporto, tendo como resultado a conexión en alta velocidade coa capital española e coa cidade portuguesa, "o que garante os viaxeiros".
No tocante ao Corredor Atlántico: Coruña-Vigo-Ourense-León-Europa asegurou Caballero que xa está en na rede básica e "queremos que a alta velocidade a Oporto sexa compatible con mercancías".
Ademais, o alcalde sinalou que "Vigo ten que ser Porto Nodal, como veño defendendo desde 2018. É o porto máis importante de Galicia, o valor da mercancía descargada en Vigo é inconmensurable, abastece á industria e é o pulmón da industria deste territorio e ten que ser porto nodal". A este respecto lembrou que cando A Coruña foi designado porto nodal no ano 2011 "quedou só" na defensa do porto de Vigo e "manifestei a miña oposición total", criticando que nin o presidente Feijóo, nin Elena Muñoz nin o actual presidente portuario vigués, López Veiga, saíron na súa defensa. "Pídolles que cambien a posición e veñan ao que eu defendo. Se hai un porto nodal en Galicia debe ser Vigo", insistiu.
Abel Caballero propón a posibilidade de cambiar os criterios dos portos nodais para que, amais das toneladas, se considere o valor da mercadoría porque "ten detrás todo o valor engadido que xera no territorio" citando como exemplo a industrial do automóbil, maquinaria, pezas ou a pesca e o seu comercio que xeran emprego e riqueza.