xoves, 21 mar 2019
O alcalde propoñerá a concesión de Vigués Distinguido ex-aequo á Banda de Gaitas Xarabal, á Asociación veciñal Emilio Crespo de Navia e á sociedade veciñal das festas da Consolación de Coia.
xoves, 21 mar 2019
Tras unha reclamación do alcalde, o Ministerio de Defensa propón ao goberno de Vigo habilitar un espazo no Concello para canalizar a documentación dos afiliados ao Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas), evitando así o desprazamento a Pontevedra. Anunciouno este xoves Abel Caballero, logo de recibir contestación da ministra, Margarita Robles.
xoves, 21 mar 2019
A Xerencia de Urbanismo aprobou este xoves a modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri) para avanzar na reforma do edificio da Panificadora. "Xa non hai marcha atrás e teremos novidades do Barrio do Cura nos vindeiros días", dixo Abel Caballero.
xoves, 21 mar 2019
O alcalde avanza que, a través dos fondos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero van contratarse 7 mulleres, que se suman ás 13 que se empregarán a través do programa municipal de violencia de xénero.
xoves, 21 mar 2019
Abel Caballero celebrou o Día da árbore compartindo con 25 alumnos do colexio Alba a plantación de catro oliveiras nas inmediacións da rúa Torrente Ballester. Tal e como lembrou, Vigo conta nestes momentos con 11.150 exemplares de aliñación nas rúas o que supón ter duplicada a masa forestal urbana nos últimos anos.
xoves, 21 mar 2019
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o edil e deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, anunciaron hoxe o total apoio de ámbalas dúas administracións para que Vigo e a provincia continúen a recibir cada ano os Xogos Autonómicos Special Olympics, nesta oportunidade de baloncesto.