Escoitar

O alcalde propón aos taxistas como Vigueses Distinguidos pola súa cooperación na "vertebración da cidade"

Abel Caballero desvelou hoxe unha nova proposta para Vigués Distinguido 2019 que nesta ocasión pasa por recoñecer aos colectivo dos axistas "polo seu traballo excepcional nun sector público de alta calidade e con visión de cidade". Este nomeamento súmase aos xa feitos públicos: Óscar Villar, director da Coral Casablanca, centros educativos e os xefes de servizo de centros de saúde dimisionarios.

luns, 18 mar 2019
O goberno local quere recoñecer a "cooperación na vertebración da cidade" do colectivo de taxistas, singularizado na Central Radio Taxi e Sociedade Cooperativa Gallega. Deste xeito, o alcalde quere nomear Vigués Distinguido a un colectivo do que destaca "o seu traballo excepcional nun sector público de alta calidade e con visión de cidade", desenvolvendo actividades sociais como achegar á persoas maiores a gozar da iluminación de Nadal, ou a súa oferta desinteresada de actuación en situacións como as vividas na cidade durante o accidente de O Marisquiño.

Esta proposta vense sumar a outras xa coñecidas como o director da Coral Casablanca, Óscar Villar; centros educativos que cumpren 50 anos e outros pola súa traxectoria singular e, por último, os xefes de servizo de centros de saúde que dimitiron en defensa da sanidade pública e nos que "representamos a toda a Atención Primaria".