Escoitar

O Concello adxudica a remodelación do parque de Maruja Mallo que rematará en dous meses

A Concello continúa coa remodelación de parques na cidade, adxudicando hoxe venres as obras de ampliación de Maruja Mallo, cun orzamento de 400.000 euros. Na mesma Xunta de Goberno tamén se adxudicou provisionalmente a reforma da área infantil de Bouzas.

venres, 22 mar 2019
O Goberno local adxudicou as obras de ampliación e reestruturación do parque de Maruja Mallo, cun importe de 400.000 euros e un prazo de execución de dos meses. Este espazo de ocio infantil terá tres zonas diferenciadas por idades: unha común, unha para menores de 5 anos e outra a partir de seis anos. A mesma Xunta de Goberno autorizou tamén a clasificación de ofertas do parque infantil de Bouzas, que conta cun orzamento de 200.000 euros e un prazo de execución de 45 días. Ademais de duplicar a área de xogo, o parque incluirá columpios triples, carruseis, paneis lúdicos e tiroliñas, entre outros elementos.

Humanizacións
Tamén recibiu luz verde o proxecto de renovación do aglomerado na Avenida Arquitecto Antonio Palacios, cun orzamento de 703.637 euros, que se executará en maio, no mesmo mes no tamén se vai executar a renovación da capa de rodaxe do túnel de Beiramar, dotado de 365.000 euros.

O alcalde tamén deu conta de actuacións que afectarán ao tráfico na Avenida Castelao, Areal, Luís Taboada e Carral e Urzáiz -entre Gran Vía e Colón -. Tamén hai previstas humanizacións en Candeán, Teis, Valladares, Oia, Saiáns, Comesaña, Bembrive, Sárdoma, Coruxo, Alcabre, Matamá, Beade, Cabral e Lavadores.