Escoitar

O goberno local pon en funcionamento novos puntos limpos móbiles en Navia e As Travesas

Desde mañá, 23 de marzo, estarán en funcionamento todos os sábados espazos habilitados nos barrios de Navia e As Travesas para levar residuos especiais que non poden depositarse nos colectores habituais. Antes da Semana Santa estarán xa en marcha un total de doce puntos limpos móbiles.

venres, 22 mar 2019
Abel Caballero anunciou a posta en funcionamento a partir de mañá sábado, 23 de marzo, de dous novos puntos limpos móbiles. Será no Mercado de Travesas (de 08:30 a 14:30 horas) e na rúa Teixugueiras, diante do supermercado Froiz (de 14:30 a 20:30 horas), onde poderán depositarse sempre a esas horas todos os sábados do mes- os utensilios inservibles.

O Concello habilita estes espazos, sinalados especificamente, para a recollida dos residuos que non poden levarse aos contedores habituais polo risco de contaminación, tales como pequenos electrodomésticos, bombillas, rodas ou baterías de uso doméstico… Neses puntos limpos móbiles haberá un camión no que se poderán depositar estes obxectos e varios operarios.

"É moi importante destacar que estes puntos funcionan os días e as horas marcadas, cando hai operarios e o vehículo específico, e non é un lugar para depositar obxectos en horarios nos que non están atendidos por persoal", destacou o alcalde.

O punto limpo da rúa Velázquez Moreno xa está en funcionamento todos os mércores (de 08:30 a 14:30) e as vindeiras implantacións serán o martes, 26 de marzo na rúa León do barrio do Calvario (de 08:30 a 14:30 horas) en en Coia, entre as rúas Baiona e Redondela (de 14:30 a 20:30 horas).

Posteriormente, o mércores 27 de marzo abrirá o de Bouzas, na Alameda Eduardo Cabello (de 14:30 a 20:30 horas), e o xoves 4 de abril o da Praza de Abastos de Teis (de 08:30 a 14:30 horas). Está previsto que antes da Semana Santa estean o resto en marcha (Barreiro, Berbés, Praza Industria, Balaídos y Plaza Elíptica) ata un total de 12 puntos móbiles.