Caballero: "Queremos que Vigo sexa unha cidade sostible, saudable e segura"
No marco dun encontro celebrado este martes no Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social en Madrid, o alcalde explicou as accións que desenvolve o Concello en favor da saúde pública e o medio ambiente.
Abel Caballero, presidente da FEMP, participou esta mañá no debate "Saúde e cambio climático. Aire limpo, cidades saudables" celebrado no Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social coa presenza da ministra María Luisa Carcedo, de María Neira, directora do departamento de saúde pública e medio ambiente da Organización Mundial da Saúde, do Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e da directora xeral de Saúde Pública, Pilar Aparicio.
Na súa intervención, o alcalde expuxo as accións que desenvolve Vigo en favor da saúde pública e do medio ambiente citando a consulta pública sobre as praias sen fumo e o estadio de Balaídos libre de tabaco como unha "acción de concienciación e exemplo de apoio masivo dunha cidade para favorecer a saúde pública". Mencionou tamén a "acción continua en favor de modos de locomoción" co apoio ao uso da bicicleta, o carril bici, a senda verde e as actuacións encamiñadas a mellorar o tráfico para eliminar coches da cidade e que o tráfico sexa menos contaminante. Neste sentido, apuntou que "as humanizacións teñen un efecto da maior importancia porque retiran tráfico da estrada" xa que a cidadanía camiña e pasea máis.
Coa premisa de ter que "avanzar á maior velocidade posible", o rexedor sinalou que "queremos que Vigo sexa unha cidade sostible, saudable e segura, as tres palabras que definen a nosa acción", á que se suma a proposta de facer de Vigo unha "cidade libre de plásticos" cun plan que "elaboraremos e levaremos adiante nos próximos meses".
Ademais, Abel Caballero referiu como accións "importantes para a saúde" a potenciación das zonas verdes, de toda a ría, co saneamento do río Lagares ou a plantacións de 5.000 árbores que contribúen a "facer unha cidade verde", proxectos que a OMS valorou como "significativos e relevantes".
Descargar todas as imaxes