mércores, 26 xuñ 2019
O Concello de Vigo validou o expediente de contratación do servizo sanitario asistencial de apoio á Unidade Asistencial de Drogodependencias, segundo informou este mércores Abel Caballero. Ademais, o goberno de Vigo aprobou unha subvención de 20.000 euros a un programa de cooperación en Perú e os convenios de apoio á Asociación Española contra o Cancro e á Fundación Menela.
mércores, 26 xuñ 2019
O Concello vén de recibir unha solicitude por parte da Xunta para prorrogar a licenza de obras do centro de atención primaria de Bouzas porque aínda non entregou o proxecto executivo. Deste xeito, confírmase, como xa denunciara o rexedor, que o Goberno autonómico non ten intención de iniciar esta construción en xuño, tal e como anunciou en período electoral.
mércores, 26 xuñ 2019
Abel Caballero reuniuse este mércores cunha comitiva integrada por representantes institucionais e do eido empresarial do municipio de Celaya que están en Vigo co fin de manter diferentes encontros para fortalecer as relacións industriais, comerciais, culturais e educativas entre ámbalas urbes. Vigo e Celaya son cidades irmás desde o ano 2014 e esta visita responde á vontade de seguir desenvolvendo os seus lazos de unión. <br />
mércores, 26 xuñ 2019
O evento, que se celebra do 4 ao 7 de xullo, "resume a nosa forma de facer Economía desde o inmenso respecto ao mar", destacou Caballero. Doce reputados chefs da cidade participan na terceira edición do festival Vigo SeaFest, que se presentou oficialmente esta mañá.