O alcalde recibe a unha representación da cidade mexicana de Celaya
Abel Caballero reuniuse este mércores cunha comitiva integrada por representantes institucionais e do eido empresarial do municipio de Celaya que están en Vigo co fin de manter diferentes encontros para fortalecer as relacións industriais, comerciais, culturais e educativas entre ámbalas urbes. Vigo e Celaya son cidades irmás desde o ano 2014 e esta visita responde á vontade de seguir desenvolvendo os seus lazos de unión. <br />
