O alcalde apoia a carpa informativa instalada en Príncipe con motivo do Día Mundial do Ril <br />

xoves, 14 mar 2019

Abel Caballero achegouse esta mañá á carpa instalada na rúa Príncipe con motivo do Día Mundial do Ril para concienciar á cidadanía da importancia da prevención. Baixo o lema Salud renal para todos en todas partes, profesionais sanitarios facilitaban ao público información sobre a enfermidade renal que afecta a 50.000 persoas en España e que está a avanzar de xeito preocupante, segundo advirte a OMS.

O Concello mellorará a conexión co Álvaro Cunqueiro coa ampliación de 7 liñas e 3 novas lanzadeiras

martes, 12 feb 2019

O alcalde avanzou esta mañá unha remodelación do transporte público ao hospital para mellorar a conectividade e atender unha gran demanda cidadá. Nun primeiro momento, ampliaranse 7 liñas que chegarán ata o Álvaro Cunqueiro, ademais de implementar 3 lanzadeiras que prestarán servizo aos traballadores que teñen que estar ás 08,00 h no complexo hospitalario.

O alcalde traslada o apoio municipal á campaña "Ratios enfermeiras"

xoves, 7 feb 2019

Abel Caballero amosou o seu aval este xoves no Mercado do Calvario á campaña que desenvolve o sindicato Satse: Ratios enfermeiras coa que promoven unha proposición de lei para respectar o máximo número de pacientes por enfermeira. Un obxectivo que, en opinión do alcalde, "merece atención e apoio e traerei ao Pleno do Concello esta proposta para sometelo a consideración". Caballero anunciou que o seu goberno secundará esta proposición e avanzou que a trasladará á Federación Española de Municipios e Provincias porque "temos que dar aldabonazos para a mellora da sanidade pública".