Caballero pon en valor o traballo dos profesionais da enfermería
O alcalde saudou este venres aos participantes nas XXXVIII Xornadas Nacionais de Enfermería Traumatolóxica e Cirurxía Ortopédica “Desafío de coidados”, que se están celebrando no Auditorio Mar de Vigo. Na súa intervención, Caballero trasladoulles a importancia do labor que desenvolven e a cercanía e cariño que dedican aos pacientes, poñendo en valor tamén a profesionalidade que amosaron durante a pandemia e cada día no traballo que desempeñan.
![O rexedor durante a súa intervención no encontro](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/LcQgq6cgJGMDzRYVJ4qLFWgqdSXsKs5mdcFmjzkj.jpeg)