xoves, 11 maio 2023

Caballero pon en valor o traballo dos profesionais da enfermería

xoves, 11 mai 2023

O alcalde saudou este venres aos participantes nas XXXVIII Xornadas Nacionais de Enfermería Traumatolóxica e Cirurxía Ortopédica “Desafío de coidados”, que se están celebrando no Auditorio Mar de Vigo. Na súa intervención, Caballero trasladoulles a importancia do labor que desenvolven e a cercanía e cariño que dedican aos pacientes, poñendo en valor tamén a profesionalidade que amosaron durante a pandemia e cada día no traballo que desempeñan.

O alcalde reúnese coa Asociación Galega de Medicina Familiar

xoves, 11 mai 2023

Abel Caballero mantivo un encontro este xoves coa organización das XXVI Xornadas da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria que se desenvolverá os días 29 e 30 de setembro na cidade baixo o lema “Exerzamos como galegos”. Clara Guede, presidenta da Comité Organizador; Xiana Rodríguez e Marta López trasladáronlle ao rexedor as dificultades que atravesa a Atención Primaria ante a falta de persoal e de renovación dos profesionais, polo que, con este encontro queren, entre outros fins, volver ilusionar aos médicos de familia.