- Xunta de Goberno Local
- Vías e Obras
- Vigo Vertical
- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
- Comercio
O Concello licita a implantación das ramplas mecánicas en Escultor Gregorio Fernández
Trátase dunha actuación que se suma ao corredor mecánico desde o Areal ata o Barrio de Ribadavia. O importe é de 2.674.000 euros, dos cales 1.911.000 apórtaos o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos Next Generation EU.
A Xunta de Goberno licitou a implantación das ramplas mecánicas en Escultor Gregorio Fernández. Trátase dun elemento mecánico para completar o corredor entre o Areal e o barrio de Ribadavia. Esta actuación está cofinanciada polo Goberno de España, cos fondos Europeos Next Generation EU, que achega 1.911.000 euros do importe total, que alcanza 2.674.000 euros.
A actuación desenvolverase ao longo de toda a rúa, coa instalación de 5 ramplas mecánicas que salvan 15 metros de altura e 1,10 metros de ancho. Amais, substitúese o aparcamento en liña por aparcamento en batería, renóvase a da rede de augas fecais e complétase a rede de pluviais, crearanse zonas axardinadas cunha superficie total de 60 metros cadrados, renovarase a iluminación pública, instalarase nova sinalización horizontal e vertical.
O alcalde explicou que as novas ramplas permitirán configurar un “gran corredor mecánico desde o mar ata a zona máis alta de Vigo no barrio de Ribadavia”, ao enlazar a futura rampla de Serafín Avendaño, co ascensor Halo ata Vialia, a rampla de Escultor Gregorio Fernández, o ascensor de San Salvador ata Pizarro e desde Pizarro o ascensor e pasarela a Ribadavia, “un corredor desde a zona máis habitada ata o barrio de Ribadavia”, sinalou.
Mercado de Teis
O alcalde tamén deu conta da aprobación do proxecto para a remodelación do Mercado de Teis por un importe de 1.471.000 euros. Esta actuación tamén está financiada en parte polo Goberno de España a través dos fondos Next Generation EU, aportando 671.727 euros.
Haberá novos espazos e renovación dos existentes. Tamén un punto limpo para comerciantes, novas oficinas, almacén, cafetería e outros espazos polivalentes. Tamén contémplase no proxecto a instalación dun punto limpo nas proximidades para os clientes.