Escoitar

A Xunta Goberno aproba aumentar a partida para as becas de comedor

Abel Caballero deu conta da aprobación das bases para as solicitudes das becas de comedor e material escolar. O orzamento medra 100.000 euros e chegará a máis receptores pola maior facilidade para cumprir os requisitos.

xoves, 11 mai 2023

O Concello de Vigo comezou a tramitación da das becas comedor e de material escolar coa aprobación das bases na Xunta de Goberno. O alcalde deu conta do aumento da partida ata o 1.293.000 euros para as becas de comedor, 100.000 euros máis que o ano anterior. “A isto hai que sumarlle as becas de comedor de FOANPAS, coas que o investimento municipal achégase aos dous millóns”, declarou Abel Cabellero.

As becas de comedor pasarán de 41 a 45 euros ao mes por bolseiro. As bases tamén abren a posibilidade de contar con novos perceptores pola modificación dalgúns criterios establecidos nas bases.

Amais, A Xunta de Goberno tamén aprobou as becas de material escolar cun importe de 135.000 euros.

Convenio Rede Mulleres Veciñais

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves tamén o convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos no marco do fomento do emprego para a potenciación do acompañamento e apoio ás vítimas de violencia de xénero por un importe de 50.000 euros. O convenio permitirá contratar catro profesionais: 1 orientadora laboral, 1 licenciada en Dereito, 1 diplomada en Traballo Social e 1 licenciada en Psicoloxía desde o 1 de marzo ao 30 de setembro de 2023.

Descargar todas as imaxes