O auditorio acolle as XIII Xornadas Municipais de Teatro Escolar
Arredor de 1100 alumnos e alumnas presentan diversas pezas teatrais ao longo desta semana amosando as súas dotes actorais e o seu bo facer sobre o escenario do auditorio da Praza do Rei. Este martes, estudantes do CEIP Mestres Goldar e do CEE Saladino Cortizo así como alumnado da Escola Municipal de Teatro participaron na actividade e recibiron un diploma acreditativo da man do rexedor, que saudou tamén ao público alí congregado, procedente dos CEIP Valle Inclán, Balaídos, Santa Mariña e Saladino Cortizo.


