Escoitar

O Calvario celebra o II Certame de Banda Deseñada “Banda á Feira”

O alcalde participou na presentación do evento que se desenvolverá do 12 ao 14 de maio na zona peonil da rúa Urzáiz. A cidade recibirá a autores de gran proxección e renome internacional.

luns, 8 mai 2023

O Calvario celebra do 12 ao 14 de maio o II Certame de Banda Deseñada “Banda á Feira” na rúa peonil de Urzáiz. Abel Caballero participou na presentación xunto ao presidente da Asociación de Veciños do Calvario, Raúl Fontán, a xerente Hilda Rivara e Melo, o coordinador do certame.

Vigo recibirá a artistas de renome internacional como Kenny Ruiz, Miriam Bonastre, Teresa Valero e Miguel Anxo Prado. Na zona haberá un Artist Alley, un punto de encontro entre os creadores do mundo da banda deseñada de todos os estilos para amosar a súas creación e interactuar entre eles.

“As persoas da miña idade iniciámonos coa banda deseñada, unha cultura mundial”, expresou o rexedor, que invitou á cidadanía a participar no evento que contará con masterclass, charlas, obradoiros e actividades tamén para o público infantil.

Descargar todas as imaxes