O Pleno aproba destinar 1,8 millóns adicionais ás festas de Vigo e ao Marisquiño
Cos votos favorables do PSOE e a abstención do resto dos grupos, a Corporación deu luz verde a unha modificación orzamentaria de 1,8 millóns a cargo dos remanentes. Deste montante, 1,3 millóns serán para as festas da cidade e 700.000 para O Marisquiño.
O Pleno validou este martes nunha sesión extraordinaria unha modificación orzamentaria para destinar 1,8 millóns de euros adicionais do remanente ao programa de concertos do verán e ao festival O Marisquiño. Esta aprobación foi posible grazas ao voto favorable do PSOE e a abstención do PP, de Marea e do concelleiro non adscrito
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu esta medida porque “serve para apoiar o o tecido produtivo e a economía da cidade”. Destacou que eventos singulares como os concertos de Castrelos ou o festival de O Marisquiño serven para “dinamizar” o sector servizos, con hoteis, hostalaría, restauración o comercio local. Na súa intervención recriminou á Xunta por non destinar fondos a promover Vigo e engadiu que o Concello de Vigo pode permitirse o uso de remanentes pola súa “solvencia financeira”. Aneiros insistiu en que os eventos apoiados polo Concello teñen un “efecto tractor” na cidade e serven para potenciar a “marca Vigo”.
Pola súa banda, o grupo municipal de Marea apuntou que non se opón ao uso de remanentes pero cuestionou o destino dos mesmos, unha que seguiu o concelleiro non adscrito, Xabier Pérez Igrexas, plantexando un voto particular, propoñendo que se destinen 5,4 millóns a outras actuacións culturais. Esta proposta foi rexeitada. Finalmente, Alfonso Marnotes, voceiro do PP, aproveitou para volver despedirse da Corporación.
Segundo se recolle no expediente, o Plan de Contratación de 2023 prevé unha partida de 700.000 euros "para actuacións artísticas singulares" pero o Concello constatou que el gasto dos concertos de Castrelos e da Semana de Jazz e Música Clásica que se celebra na Praza de Compostela ascende a case 2 millóns de euros. Por iso, se aprobou o aumento desta partida en 1,3 millóns devido aos custos de contratación pola inflación, o aumento de prezo das materias primas e outros factores.
Con respecto ao festival O Marisquiño, a achega municipal ao evento realízase a través dun convenio coa Deputación, de maneira que a axuda municipal é de 420.000 euros e a do organismo provincial, de 180.000 euros. Tal e como se constata no expediente, o traslado de probas ao entorno de Samil e outros cambios incrementaron os custos da organización nuns 540.000 euros.