A cidade apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro en Santiago
Abel Caballero amosou esta mañá o seu respaldo á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 12 de febreiro en Santiago, un apoio que vén reforzado polo acordo plenario acadado na sesión desta mesma mañá. En rolda de prensa, o alcalde defendeu a necesidade de reforzar os cadros de persoal da Atención Primaria.
O alcalde reiterou esta mañá a necesidade de reforzar os cadros de persoal na Atención Primaria para paliar a saturación, baixar as listas de agarda e mellorar a atención sanitaria. Respecto do cambio do director da área de Vigo anunciado esta mañá, Caballero dubidou que un cambio na xefatura fora suficiente para mellorar a situación se non se cambia nada máis. En rolda de prensa, fixo público de novo o seu apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 12 de febreiro en Santiago e rematou esixindo ao presidente da Xunta ten que asuma as súas responsabilidades.
Sesión plenaria
O Pleno municipal tamén amosou esta mañá o apoio da Corporación á manifestación de SOS Galicia, ao tempo que acordou colaborar activamente na recollida de sinaturas promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para conseguir a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria. A maioría do Pleno deu luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a que reformule as súas políticas en materia sanitaria na área de Vigo, reducindo de forma inmediata as listas de agarda e adoptando medidas no ámbito da Atención Primaria para que cambie o modelo asistencial e de xestión de recursos humanos que permita convocar todas as prazas dispoñibles para formar novos profesionais e mellorar as as condicións laborais traballadores. Esta moción contou co apoio dos grupos do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito e o voto en contra do Partido Popular, os mesmos votos que validaron a moción do concelleiro non adscrito que na que tamén se defendía a colaboración na recollida de sinaturas e a participación na manifestación convocada o 12 de febreiro en defensa da sanidade pública.