Escoitar

Vigo súmase á campaña da Unesco “Pola restauración dos humedais”

O goberno local conmemorará o Día Mundial dos humedais con dúas actividades que incluirán visitas e percorridos medioambientais. O xoves 2 de febreiro será a quenda escolar, cunha visita didáctica ao humedal da Bouza, mentres que o domingo 5 de febreiro está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.

martes, 24 xan 2023
O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, na celebración do Día das Zonas Húmidas de 2022 con alumnado do Ceip Balaídos
O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, na celebración do Día das Zonas Húmidas de 2022 con alumnado do Ceip Balaídos

Como todos os anos, O Concello de Vigo secunda a campaña da Convención de Ramsar da Unesco a prol das zonas húmidas de todo o planeta, que neste ano ten o lema “Pola restauración dos humidais”. O acto de conmemoración está previsto para o xoves 2 de febreiro, entre as 10:30 e as 13:00, no humidal da Bouza. O obxectivo da actividade é sensibilizar ao alumnado de terceiro de Primaria dos Ceips Seis do Nadal e Illas Cíes sobre os valores medioambientais dos humidais e a importancia que teñen para preservar a biodiversidade.

Tal e como detallou, no termo municipal de Vigo cóntase cunha extensión de humedais que alcanza os 314.000 m2, “gran riqueza ecolóxica”, destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro e, en augas salobres, a Xunqueira do Lagares.

Na presente edición, abordaranse os humidais que se están rexenerando, en particular, o humidal da Bouza. Neste caso, combínase un espazo
lúdico para a cidadanía viguesa, cun espazo que alberga a reserva dunha variada flora e fauna. Durante a xornada, poranse de manifesto os problemas derivados de plantas invasoras ao tempo que se fará referencia a que un humidal ten vida propia e vai alterando o seu curso por causas naturais e pola intervención humana.

Nesta edición 2023 está previsto realizar tamén un evento familiar. Terá lugar o domingo 5 de febreiro. Un percorrido polos humidais do Río
Lagares e A Bouza. A convocatoria será ás 09,30 h na Bouza desde onde se trasladará gratuitamente aos asistentes en autobús ata a Xunqueira do Lagares. Ás 10,30h comezará un percorrido interpretado polos humedais do Lagares e A Bouza e ás 11,00 h están previstos xogos medioambientais e lúdicos. A inscrición estará aberta no 010 ata o venres 3 de febreiro.

Descargar todas as imaxes

Máis información