O Pleno aproba entregar a distinción de honra “Cidade de Vigo” ao presidente do Grupo Radio Vigo de Comunicación
O Pleno do Concello validou esta mañá a proposta do goberno local de entregar a distinción honorífica Cidade de Vigo a Eugenio González de Haz y Vizcaíno, presidente de Radio Vigo Grupo de Comunicación. A iniciativa saíu adiante cos votos favorables do PSOE e do PP e a abstención do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito.

A maioría do Pleno aprobou entregar ao presidente de Radio Vigo Grupo de Comunicación o máximo galardón que o Concello pode outorgar a cidadáns, institucións e entidades que destacan pola súa especial contribución ao prestixio da cidade. Con 23 fotos a favor e 3 abstencións, Eugenio González de Haz recibirá un “mericidísimo” recoñecemento polo seu compromiso coa defensa da cidade, dixo o rexedor.
Eugenio González de Haz y Vizcaíno naceu en Madrid en 1941. Economista, xornalista, empresario e apaixoado da radio, incorporouse á empresa familiar en 1968, fue nomeado director xeral en 1973 e presidente, en 2008.


