Concello e Federación Galega de Atletismo abordan o deseño dos espazos para este deporte na cidade
O alcalde mantivo un encontro co novo presidente da Federación, Iván Sanmartín, no que lle trasladou que o atletismo terá instalacións na grande cidade do deporte na Balsa e en Balaídos.
Caballero trasladoulle a Iván Sanmartín que o goberno municipal vai construír “unha grande cidade do atletismo na Balsa” e, con ese fin, convocará nos próximos días aos clubs de atletismo da cidade para “deseñar conxuntamente o espazo do atletismo” nesa nova infraestrutura que se proxecta. Amais, van manterse as instalacións de atletismo de Balaídos con modificacións e melloras.
Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, a reunión desenvolveuse de xeito “cordial”, foi construtiva co fin de “manter unha relación fluída, logo de ter unha relación moi difícil co anterior presidente” da entidade.