Escoitar

Caballero reclama á Xunta que dedique fondos europeos a Vigo

Trala publicación dun informe do Consello de Contas que recolle que o goberno autonómico soamente dedica aos concellos o 3,7% dos fondos europeos que recibe, Abel Caballero censurou este venres a actuación da Xunta.

venres, 1 ago 2025

“É unha crítica severa do Consello de Contas porque a Xunta de Galicia non delega recursos aos concellos”, explicou o rexedor, que considera que o estudio “reforza” o que vén denunciando “desde hai anos”, polo que sinte que ten “toda a lexitimidade para seguir reclamando recursos”.

“A Xunta reclama fondos ao Goberno de España e négallos ao Concello de Vigo, o máis importante do oeste de España. Esixo a Rueda que dedique a Vigo os fondos que ten dereito a recibir”.

Pola contra, Caballero puxo en valor o investimento do Goberno de España en Vigo logo do anunciou realizado na cidade polo ministro de Transición Dixital, Óscar López: 15 millóns de euros para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico da Universidade de Vigo, no marco do proxecto da fábrica de microhips fotónicos. “O ministro anunciou onte en Vigo máis cartos que todo o que deu a Xunta”.

Descargar todas as imaxes