luns, 28 xullo 2025

Abel Caballero acompaña á ministra Margarita Robles na visita a Indra

O alcalde visitou este luns as instalacións de Indra en Vigo xunto á ministra de Defensa, Margarita Robles, para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a compañía no ámbito da tecnoloxía de defensa. Nestes momentos conta con máis de 70 profesionais de alta cualificación e a previsión é duplicar esa cifra de cara a 2026, cando tamén está previsto que poida poñer en marcha o Centro de Defensa e Aeroespacial na rúa López Mora. Indra mantén unha colaboración estreita coa Universidade de Vigo en materia de defensa electrónica, un traballo quen a ministra eloxiou sinalando que "están facendo un traballo espectacular ".

O goberno local aproba a xestión do transporte urbano cun contrato de servicios con prestacións directas á cidadanía

luns, 28 xul 2025

O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a abstención dos edís do PP e a negativa dos concelleiros do BNG, o novo modelo de xestión do servizo público de transporte urbano colectivo de Vigo, que supón implantar un contrato de servizos para facilitar prestacións directas á cidadanía e que permitirá unha maior flexibilidade na xestión e a intervención da administración.

A Corporación pide á Xunta que invista 36 millóns en colexios de Vigo

luns, 28 xul 2025

A moción do Grupo Socialista explica que “se precisan investimentos inmediatos para a mellora, adaptación e modernización”. O Pleno tamén rexeitou os recortes docentes en Vigo e instou á Xunta a dotar de profesorado a todos os centros educativos da cidade que o precisen. Ambos os textos saíron adiante cos votos do Grupo Socialista e o Grupo do BNG. O Grupo Popular votou en contra.