martes, 29 xullo 2025

O Concello inviste preto de 1 millón de euros en obras de melloras en 13 colexios

martes, 29 xul 2025

O Concello destina 220.000 euros a comprar material e alugar a maquinaria necesaria para realizar, o próximo curso escolar, obras de mantemento e conservación nos centros de Educación Primaria da cidade. Este verán a administración local acomete melloras en 13 colexios. "Estamos a facer obras en colexios por valor de preto dun millón de euros sen ter competencias porque son da Xunta", apuntou o alcalde.

O rexedor participa na presentación da nova campaña de Interfish

martes, 29 xul 2025

Baixo o slogan “Coñece os nosos peixes protectores”, a campaña lanzada por Interfish ten o obxectivo de fomentar o consumo da tintorera, o marraxo e o peixe espada. Os produtores asociados á única Organización Interprofesional da Pesca en España capturaron, durante o ano 2023, ao redor de 42.000 toneladas de tintorera, marraxo e peixe espada. Esta organización ten o 99% de representatividade a nivel nacional da pesqueira de palangre de superficie. Na súa intervención, Caballero resaltou a importancia do sector pesqueiro na cidade e mostrou o orgullo da cidade de acoller esta presentación, xa que "Vigo é o mellor lugar para presentala".