Escoitar

O Goberno municipal inicia os preparativos para a "RunRun Vigo" 2026

O alcalde anunciou hoxe o inicio dos preparativos para desenvolver o circuíto de carreiras populares “Runrun Vigo” 2026 coa contratación da xestión de todos os temas relativos ás inscricións, clasificacións e cronometraxe de cada unha das 12 probas. “Seguiremos facendo do RunRun un emblema deportivo do atletismo de Vigo”, recalcou.

martes, 29 xul 2025

Abel Caballero apuntou este martes que o ano que vén volverán convocarse as 12 carreiras do circuíto “RunRun Vigo”, ás que o Concello destina unha “significativa” cantidade económica.

O alcalde remarcou que o ano pasado as carreiras contaron coa participación de 15.000 deportistas e que as 8 primeiras de 2026 contaron coa presenza de 9.000 atletas. “É un deporte moi popular, que practican moitas persoas”, incidiu o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes